CORTEGOSO, SANTIAGO

Santiago Cortegoso é actor, director de escena e autor de textos teatrais. Coa súa compañía, Ibuprofeno Teatro, leva producido A filla de Woody Allen (finalista nos Premios Max 2011 a Mellor autor en galego), Pequenos Actos pseudorrevolucionarios (Premio María Casares 2013 a Mellor texto orixinal) e Fitness (espectáculo de rúa). Outros traballos como autor son: Smoke on the water (Premio MOME Varela Buxán 2013), El charco de Ulises (con bolsa en Iberescena 2010 e editado por Artezblai), 0'7% Molotov (premio Rafael Dieste 2009, publicado pola Deputación da Coruña, estreado por Teatro de Ningures, nominado a Mellor texto orixinal nos premios María Casares 2012 e finalista nos Premios Max 2012 a Mellor autor en galego), Homes... Mulleres: O Paraíso terreal (para Teatro de Ningures, 2010), Des-memoria-2 (para Disque Danza, 2009), Os Cómicos dell? auto (para Teatro de Ningures, nominado a Mellor texto orixinal nos premios María Casares 2009), Hámster (seleccionado en Magalia 2008, publicado no nº 60 da RGT e estreado na Sala Triángulo de Madrid) e Casa O?Rei. Traxicomedia gastronómica (2010).


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: